lunes, 24 de marzo de 2014

Dificil decisión

Ninguén dixo que tomar decisións era fácil, é máis ninguén o dixo , porque non é certo. Dende que eramos pequenos soñamos con medrar, facernos maiores, pero agora que nos atopamos tan preto de facelo queremos volver a facernos pequenos, porque nos atopamos nunha encrucillada e debemos tomar unha decisión que nos afectará o resto das nosas vidas. É o noso primeiro gran acto de responsabilidade, só nós podemos decidir, aínda que nos gustaría que unha vez máis os nosos pais saíran ao rescate e o fixeran por nós.
Eu teño 18 anos, chámome María e este é o meu caso: estou acabando os meus estudos e teño que decidir o que ser de maior, cousa que nos levan preguntando dende pequenos. Eu creo , que é porque sabían que tarde ou cedo chegaría este momento ás nosas vidas. O malo é que cada vez que me facían esa cuestión sempre respondia cousas sen sentido ou distintas e non creo que agora esas respostas me sirvan de moito, xa que hoxe en día non ten moita saída iso de ser princesa ou austronauta...
A verdade é que ás veces aos nosos pais, que tantos anos nos levan protexendo , cústalles deixarnos ir, e ese volve a ser outra vez o meu  caso, xa que despois de darlle voltas á miña cabeza acabarei por tomar unha decisión.
Cando lles dixen aos meus pais que quería ir estudar ao estranxeiro cunha beca, puxéronme mala cara e contestáronme: " Xa sabes o que tes que facer, búscate outra cousa !". Para min isto foi moi duro, porque eu esperaba contar co seu apoio mais con esa contestación... Non se supón que os pais estan aí para apoiarte e ofrecerche a súa axuda?
Todo isto é a miña vida neste momento, e agora se me presenta unha dúbida máis: “Valerá a pena loitar polos teus soños?”