martes, 1 de abril de 2014

Tempo de exames


É ahora ou nunca. maneira estraña de empezar esta entrada, o sei. Supoño que será polo agovio dos exames. Ser estudante é o mellor so mundo, o sei, son un deles. Pero se algunha pega lle teño que poñer ao de ser estudante supoño que será  o tempo de exames.
 Ahora o meu profesor de informática para o cal teño a obligación de escribir un blog , estará pensando que tamén é o único que temos que facer. Non yo nego, é certo máis non é el quen se encontra destrás dos pupitres intentando manter a calma e o agobio producido polos exames, e intenta que non te cachen algunhas das anotacións. El encontrase no outro lado, de el depende unha das notas que nos axudarán ou nos entorpezerán o  paso do curso, e mais ainda no curso no que nos atopamos , 4º da ESO.
Supoño que será un medo que todo estudante ten, xa que no tempo de examen sudanos a mans poñemonos nerviosos e atopámonos sometidos a mais presión da normal, algúns estudantes chegano a pasar realmente mal. Pero como nos din dende pequenos; canto mais mayor mais responsabilidades, e agora a nosa maior responsabilidade e estudar para ter un futuro; pero non hay que negar que ser estudante é o mellor do mundo.

lunes, 24 de marzo de 2014

Dificil decisión

Ninguén dixo que tomar decisións era fácil, é máis ninguén o dixo , porque non é certo. Dende que eramos pequenos soñamos con medrar, facernos maiores, pero agora que nos atopamos tan preto de facelo queremos volver a facernos pequenos, porque nos atopamos nunha encrucillada e debemos tomar unha decisión que nos afectará o resto das nosas vidas. É o noso primeiro gran acto de responsabilidade, só nós podemos decidir, aínda que nos gustaría que unha vez máis os nosos pais saíran ao rescate e o fixeran por nós.
Eu teño 18 anos, chámome María e este é o meu caso: estou acabando os meus estudos e teño que decidir o que ser de maior, cousa que nos levan preguntando dende pequenos. Eu creo , que é porque sabían que tarde ou cedo chegaría este momento ás nosas vidas. O malo é que cada vez que me facían esa cuestión sempre respondia cousas sen sentido ou distintas e non creo que agora esas respostas me sirvan de moito, xa que hoxe en día non ten moita saída iso de ser princesa ou austronauta...
A verdade é que ás veces aos nosos pais, que tantos anos nos levan protexendo , cústalles deixarnos ir, e ese volve a ser outra vez o meu  caso, xa que despois de darlle voltas á miña cabeza acabarei por tomar unha decisión.
Cando lles dixen aos meus pais que quería ir estudar ao estranxeiro cunha beca, puxéronme mala cara e contestáronme: " Xa sabes o que tes que facer, búscate outra cousa !". Para min isto foi moi duro, porque eu esperaba contar co seu apoio mais con esa contestación... Non se supón que os pais estan aí para apoiarte e ofrecerche a súa axuda?
Todo isto é a miña vida neste momento, e agora se me presenta unha dúbida máis: “Valerá a pena loitar polos teus soños?”